Junta General de
Cofradías y Hermandades

SEMANA SANTA DE FERROL

Concerto e exposición de homenaxe á Banda de Granaderos

A Confraría da Soledad informa da celebración dun concerto e unha exposición con material audiovisual baixo o título “Homenaxe ao Granadero”, en recordo á banda de música que se creou en 1974, da man de Alfredo Martín, e que funcionou con grande éxito durante trinta anos non só acompañando ás procesións penitenciales, senón tamén participando en eventos de todo tipo dentro e fóra de Galicia.

O concerto homenaxe celebrarase o vindeiro domingo 15 de marzo, ás 19.00h na capela da Orde Terceira. Participarán as agrupacións musicais Nosa Señora do Nordés (OJE Ferrol) e Nosa Señora do Carme e a banda de Cornetas e Tambores Noso Pai Xesús Nazareno. As tres formacións realizarán un pasarrúas ás 18.30h, desde Amboage ata a capela, antes de empezar o recital.

Desde o mesmo día 15 de marzo, ata o 21, estará aberta a exposición sobre a Banda de Granaderos na Casa de Irmandade da Soidade. Abrirá ao público de 18.30 a 20.30h.