Junta General de
Cofradías y Hermandades

SEMANA SANTA DE FERROL

Café benéfico da Orde Terceira da Mercé

A Orde Terceira da Mercé organiza o seu primeiro Café Benéfico coincidindo co comezo do Advento. Será o día 30 de novembro, sábado, ás 17.30h, no Casino Ferrolán.

O donativo será de 5€ e as entradas están xa á venda na sancristía da Capela da Mercé e no Estanco a Casa do Fumador.

O café está animado polas cancións dos nenos e mozos do Coro Mosaico, ademais de que haberá sorteo de agasallos, grazas aos establecementos colaboradores da comarca.