Junta General de
Cofradías y Hermandades

SEMANA SANTA DE FERROL

Bendición da nova imaxe do Cristo da Boa Morte, o 6 de abril

A Confraría da Soledad celebrará o vindeiro domingo 6 de abril a bendición da nova imaxe do Cristo da Boa Morte.  Será ás 20.00h na igrexa do Carmen, nun acto presidido polo bispo diocesano Fernando García Cadiñanos.

A nova imaxe foi tallada polo escultor sevillano Jesús Cepeda, que realizou tamén para a mesma irmandade ferrolá a figura de San Pedro, estreada en 2021.

Neste caso, a talla vén substituír a de David Dos Santos Feal, de 2002, que do mesmo xeito que a nova, inspirouse no antiquísimo Cristo da Boa Morte, tamén chamado Cristo da Luz ou da Boa Viaxe, que estaba en Ferrol Vello, na “porta do Castro”, desde finais do século XVII. Aquela imaxe, que representa a un Cristo na Cruz aínda vivo, consérvase na capela da Orde Terceira.