Junta General de
Cofradías y Hermandades

SEMANA SANTA DE FERROL

Belén e escaparate solidario da Confraría das Angustias

A Confraría das Angustias inaugurará o vindeiro xoves, 5 de decembro, o seu Belén do Nadal. Estará nesta ocasión no baixo da rúa Lugo número 59, facendo esquina coa rúa Galiano. Estará aberto de martes a domingos, de 18.00 a 20.30h, ata o próximo 5 de xaneiro. Os luns pechará.

Tamén un ano máis a irmandade organiza o seu “escaparate solidario”. Recolleranse alimentos non perecedoiros para a Cociña Económica no mesmo local do Belén, cedido por Juan Manuel Victoria Meizoso.