Junta General de
Cofradías y Hermandades

SEMANA SANTA DE FERROL

A procesión da Resurrección retirarase na concatedral de San Xiao

Cumpren vinte anos o Gozoso Encontro e a Procesión da Resurrección que instituyeron en 2006 as tres confrarías irmandadas da Semana Santa de Ferrol, Mercé, Soidade e as Angustias e por terceiro ano consecutivo celebrarase na praza de Armas -anteriormente celebrábase este acto na praza da Constitución-.

O programa é o seguinte:

A Procesión de María Magdalena ao encontro con Xesús Resucitado que organiza a Confraría da Mercé sairá ás 12.15h da capela mercedaria coa imaxe, propiedade da Soidade e obra de Juan José Negrí.

A Procesión de Jesús Resucitado ao encontro coa súa Nai que organiza a Confraría da Soidade parte da concatedral de San Xiao ás 12.00h.

A Procesión da Virxe da Luz ao encontro co seu Fillo da Confraría das Angustias sae ás 12.00h. do seu santuario coa imaxe de María Santísima da Luz.

Todas conflúen na praza de Armas, onde terá lugar o Gozoso Encontro sobre as 13.00 horas. Durante o mesmo, é costume que os confrades se quiten o capuz, como sinal de alegría pola Resurrección.

Unha vez finalizado, aproximadamente ás 11.30h, comezará a Procesión da Resurrección, unha única comitiva coas tres confrarías, polas rúas Terra e Real. Por primeira vez este ano a retirada será na concatedral de San Xiao, e unicamente a Confraría das Angustias seguirá desde alí ata o seu santuario. No momento da retirada está previsto que actúe a rondalla Añoranzas.

A agrupación do Santísimo Cristo da Boa Morte acompañará a comitiva da Soidade; Acotaga irá coa Mercé e a Banda das Angustias coa Virxe da Luz. Como en anos anteriores, na praza de Armas actuará a banda de gaitas Agarimo de Catabois, que tamén irá despois do Gozoso Encontro na procesión da Resurrección.

Tamén este ano, a Asociación de Alfombristas de Corpus Christi de Ponteareas estará en Ferrol este día para elaborar unha alfombra floral na praza de Armas, que recibirá ao Gozoso Encontro. Cabe sinalar que a entidade se afanou por realizala o pasado ano, a pesar de as malas condicións meteorolóxicas que obrigaron a suspender a procesión. Un total de 21 persoas acudirán desta volta para realizar este traballo o domingo, e a súa previsión é que a alfombra ocupe 50 metros cadrados.