Junta General de
Cofradías y Hermandades

SEMANA SANTA DE FERROL

A Borriquita

Este grupo escultórico da Entrada Triunfal de Jesús en Xerusalén, denominado popularmente “A Borriquita” e pertencente á Confraría do Santísimo Cristo da Misericordia e María Santísima das Dores, é un grupo de serie realizado en Olot (Xirona). Foi doado, en 1990, á Confraría de Dores por D. Bonifacio Borreiros cando era Director Xeral de Cultura da Xunta de Galicia. Realiza a súa primeira saída procesional o 8 de abril dese mesmo ano. A iconografía é a tradicional do tema triunfal do Domingo de Ramos. Jesús, montado nunha borrica.