Junta General de
Cofradías y Hermandades

SEMANA SANTA DE FERROL

Cena do Terzo da Piedade, a beneficio dun novo manto procesional

A Confraría de Dolores informa de que o Terzo da Santísima Virxe da Piedade e a súa dotación de portadores organizan unha cea para recadar fondos a favor da confección do novo manto procesional. Na cita realizaranse diferentes sorteos e haberá unha actuación musical.
Será o vindeiro sábado 16 de marzo a partir das 22:00 horas no Restaurante O Parque, situado no Parque Reina Sofía.
As reservas deben facerse antes do día 14 no seguinte número de teléfono 696 123 159 ou ben a través da conta da Terzo Piedade Ferrol , sendo o seu custo 20€ .