Junta General de
Cofradías y Hermandades

SEMANA SANTA DE FERROL

Aberto o prazo para inscribirse para portar a Custodia no Corpus

O próximo día 7 de xuño celebrarase o Corpus Christi cunha misa en San Xiao, ás 19.00h, e posterior procesión polas rúas do centro.

Desde a Xunta de Confrarías e Irmandades infórmase de que os confrades e portadores que desexen participar nas quendas para portar o trono coa Custodia deberán comunicalo á súa confraría. O prazo para inscribirse termina o próximo día 4 de xuño.