A Confraría das Angustias fixo público o cartel cos actos na honra da súa titular, patroa do barrio de Esteiro, cuxa festividade se celebrará o próximo 31 de maio. O programa comezará cunha novena na honra de Nosa Señora das Angustias Coroada. Comezará o venres 22 de maio e terminará o sábado 30, cos seguintes horarios:
Días laborables e sábados: Santa Misa e solemne novena ás 09.00 e ás 12.00. Rezo do Santo Rosario ás 11.30h.
Domingo: Santa Misa e novena ás 09.00 e ás 13.00h. Rezo do Santo Rosario ás 12.30h.
O Grupo Novo da irmandade organizou tamén unha solemne veneración da emblemática imaxe, que se levará a cabo o sábado 30, de 09.30 a 14.00 e de 16.30 a 20.30h, e tamén o domingo 31, de 09.300 a 12.00h.
O domingo 31 celebrarase a festividade de Nosa Señora das Angustias Coroada. Celebrarase a Santa Misa ás 12.00h no santuario de Esteiro e a continuación, como é tradición, levarase á imaxe en procesión polas rúas do barrio, sobre andas e seguida da banda de música do Terzo Norte de Infantería de Marina.

