O Grupo Novo da Confraría das Angustias informa da organización da “Cruz de Maio 2026”, coa que se realizará unha ofrenda o vindeiro domingo 3 de maio.
Para a elaboración da Cruz, requírese a todos os confrades que acudan a levar flores brancas. Os días de recollida serán este martes, día 28, e o xoves, 30 de abril, de 18.30 a 20.30h, na oficina da irmandade.
O sábado 2 de maio convócase tamén a todos os confrades, especialmente aos máis novos, para montar a Cruz. A cita é a partir das 17.30h.
Para o domingo, 3 de maio, coincidindo co Día da Nai, realizarase a entrega e ofrenda da Cluz de Maio, durante a misa das 13.00h no santuario das Angustias.
O Grupo Novo fai un chamamento a todos os confrades, así como a calquera persoa que o desexe, a participar nestes actos.


