Junta General de
Cofradías y Hermandades

SEMANA SANTA DE FERROL

Pregón da Semana Santa de Ferrol 2026, este venres no teatro Jofre

A Xunta Xeral de Confrarías e Irmandades celebrará este venres, ás 19.00h no teatro Jofre, o solemne acto de lectura do pregón da Semana Santa de Ferrol 2026. O xornalista Isidoro Valerio é a persoa designada este ano para anunciar as procesións de Paixón que se desenvolverán desde o 29 de marzo, Domingo de Ramos, ata a Pascua de Resurrección o 5 de abril, nun acto no que a Xunta de Confrarías tamén entregará a súa Medalla de Ouro, a título particular, a César Carreño Yáñez e a José Manuel Evia Gende.

O evento terá un broche musical a cargo do coro Concerto Tempo, que este ano celebra o seu vinte aniversario, baixo a batuta de José Antonio García Mato.

Unha vez que se cumpriu o prazo de confirmación de asistencia de autoridades convidadas, depositáronse no despacho de billetes do teatro máis entradas dispoñibles para o público en xeral. O despacho de billetes está aberta de martes a venres de 11:00 a 13:00 e de 18:00 a 20:00, quen o desexe pode acudir para retirar invitacións @gratuitamente. Tamén se poden realizar reservas a través da web de Ataquilla.