Junta General de
Cofradías y Hermandades

SEMANA SANTA DE FERROL

Marzo, mes solidario para a Confraría da Mercé

A Confraría da Mercé anunciou o seu programa de actividades solidarias previsto para o mes de marzo, no preámbulo da Semana Santa, no que cumpre coa súa vocación de caridade baixo o lema “Pequenos xestos, grandes axudas”. Todo o recadado canalizarase a persoas necesitadas a través do Banco de Alimentos Rías Altas.

Está xa aberto o Escaparate Solidario no establecemento “A Casa do Fumador”. As persoas que queiran colaborar con esta iniciativa poden depositar alí alimentos non perecedoiros.

Ademais, este sábado 7 de marzo vai celebrar un concerto na capela mercedaria, a cargo da Asociación Cultural Musical Acotaga. O acto, que leva por título “Cando soa a Paixón”, comezará ás 19.00h e no mesmo establecerase tamén un punto de recollida de donativos.

O cartel da irmandade abarca tamén outro acto solidario o próximo día 14 de marzo, aínda por desvelar, e o tradicional Ensaio Solidario, sempre en datas previas á Semana Santa, que se desenvolverá o día 21 de marzo.