Junta General de
Cofradías y Hermandades

SEMANA SANTA DE FERROL

A Agrupación Musical Virxe do Carme celebrará o seu concerto de Santa Icía o 15

A Agrupación Musical Virxe do Carmen celebrará o vindeiro sábado, día 15 de novembro, o seu tradicional concerto en honor de Santa Icía, patroa dos músicos, no que tamén actuará a Rondalla Añoranzas. A cita será ás 17.00h na igrexa do Carme.

Desde a formación destacan que se cumpren dez anos desde a súa presentación no ano 2015, no mesmo templo, e que con motivo desta efeméride puxo en marcha unha campaña de donativos para obsequiar á Virxe do Carmen con dous escapularios confeccionados nos talleres do bordador Perales, de Triana (Sevilla). Este xesto simboliza o agradecemento da Agrupación cara á Parroquia e a Santísima Virxe do Monte Carmelo, madriña do proxecto musical desde a súa fundación en 2015.

No evento intervirá Brais Meizoso, un dos compoñentes máis veteranos da formación, así como Esperanza Suárez.