Junta General de
Cofradías y Hermandades

SEMANA SANTA DE FERROL

“Sons de Paixón”: concerto de Acotaga na capela da Mercé

A Asociación Cultural Musical Acotaga ofrecerá un concerto o próximo día 22 de marzo, ás 20.00h, na capela da Mercé. O recital leva por título “Sons de Paixón”.

Desde a propia formación destacan que se trata do seu primeiro concerto de Coresma na cidade de Ferrol. Desde fai tres anos ofrecen un en Ortigueira, que neste 2025 está xa programado para o próximo día 29. O recital na capela da Mercé será unha cita especial, por tanto, tamén por celebrarse na sede canónica da irmandade coa que a formación mantén unha estreita vinculación.