Junta General de
Cofradías y Hermandades

SEMANA SANTA DE FERROL

Función na honra do Noso Pai Xesús Nazareno, da Confraría de Dolores

A Confraría de Dolores celebrará o próximo día 8 de marzo a Solemne Función en honra do Noso Pai Xesús Nazareno. A celebración será ás 19.00h na igrexa da Nosa Señora do Socorro, onde se atopa a sacra imaxe en tanto se completa a rehabilitación da igrexa de Dolores.

Desde a irmandade anímase a todos os confrades e devotos a asistir.

O Grupo Novo da Confraría aproveita a cita para convocar a confrades numerarios e público xeral a acudir ás 18.00h á igrexa do Socorro, para asistir a unha charla. Á mesma hora desenvolveranse, dirixidos neste caso a monaguillos e aspirantes, diferentes xogos e actividades ao redor de Jesús Nazareno.