Junta General de
Cofradías y Hermandades

SEMANA SANTA DE FERROL

As Angustias estrea este ano unha nova Virxe dos Desamparados

A Confraría das Angustias anunciou para o día 22 de marzo, ás 19.30h, a celebración dunha eucaristía presidida polo bispo da Diocese, Fernando García Cadiñanos, tras a que terá lugar a bendición da súa nova imaxe da Virxe dos Desamparados.

Trátase dunha talla de nova factura e está previsto que o seu autor participe no acto da bendición. Sairá en procesión o Mércores Santo, na comitiva do “Cristo do Perdón e María Santísima dos Desamparados”.

Substituirá a nova imaxe á que posúe a irmandade desde o ano 1992 e que foi adquirida nos talleres de Ángel Rodríguez, en Santiago de Compostela. Trátase dunha talla de vestir de autor descoñecido e atribuída á escola portuguesa, á que se lle calcula unha antigüidade de máis dun século.