A Confraría da Mercé celebrará este sábado un acto de veneración a Noso Pai Xesús da Humildade. A capela mercedaria estará aberta, coa imaxe exposta para os fieis, en horario de 11.00 a 13.30h e pola tarde, a partir das 17.00h, ata que finalice a celebración. A sagrada imaxe terá aos seus pés a urna do Terzo da Humildade, disposta para recoller donativos.
Oficiarase unha Eucaristía a partir das 19.00h e ao terminar abrirase un besamans á sagrada imaxe.
O que se recade ao longo da xornada na urna entregarase ás madriñas de Noso Pai Xesús da Humildade, as Escravas do Santísimo Sacramento e da Inmaculada, “como mostra de gratitude e apoio á súa entrega calada, a súa oración constante e o seu testemuño de vida consagrada na nosa cidade de Ferrol”.