Junta General de
Cofradías y Hermandades

SEMANA SANTA DE FERROL

Recadación para a restauración do manto de Nosa Señora dos Dolores

A Confraría de Dolores puxo en marcha unha campaña de recadación de fondos para restaurar o histórico manto de Nosa Señora dos Dolores, unha xoia cargada de fe, historia e devoción para todos os ferroláns.

Desde a irmandade destacan que no ano 1944 o pobo de Ferrol reuniu as 35.000 pesetas necesarias para encargar este manto ás Irmás Adoratrices de Madrid. Desde a súa estrea no Venres Santo de 1945 foi testemuña de xeracións de fervor, bágoas, promesas, silencios e oracións.

Para reunir doazóns, a confraría dividiu o debuxo do manto en cuadrículas, de maneira que cada unha delas poida ser “apadriñada” cun donativo de 20€. As persoas interesadas en contribuír poden dirixirse á Casa de Irmandade, no 199 da rúa Magdalena, ou ben facer unha transferencia á conta ES58 2080 0200 4630 4012 0033.

Desde a irmandade rógase que unicamente se utilicen as canles establecidas para realizar achegas e que se desconfíe de calquera outro.