Junta General de
Cofradías y Hermandades

SEMANA SANTA DE FERROL

Convocado o proceso electoral para renovar a presidencia da Xunta de Confrarías

O bispo diocesano, Fernando García Cadiñanos, asinou e publicou o decreto de convocatoria do proceso electoral para renovar a presidencia da Xunta Xeral de Confrarías e Irmandades da Semana Santa de Ferrol. O actual presidente, César Carreño, esgotará en setembro os seus dous mandatos á fronte da entidade.

A Delegación Episcopal de Liturxia e Confrarías establece a normativa do proceso, que seguirá os seguintes pasos:

Hoxe, día 29 de maio, faise pública a convocatoria de eleccións por parte do Bispo.

Abrirase, a continuación, o prazo de presentación de candidaturas: do 1 ao 30 de xuño de 2025.

Quen desexe concorrer ao proceso deberán enviar un mail ao delegado episcopal de confrarías, na dirección delegacionliturgia@mondonedoferrol.org , ante o cal se  formalizará a candidatura (formulario).

Durante os 30 días seguintes (entre o 1 e o 30 de xullo), o delegado chamará a cada candidato para entrevistarse con el. Tamén se entrevistará, de maneira individual, cos Presidentes e Irmáns Maiores da cinco confrarías.

Dentro do prazo dos 60 días, o delegado convocará unha reunión extraordinaria cos Presidentes e Irmáns Maiores para realizar a votación dos candidatos presentados. Esta votación realizarase de modo individual e secreto.

Posteriormente realizarase a presentación ao bispo, por parte do delegado, da terna elixida polos Presidentes e Irmáns Maiores.

Finalmente, o Bispo procederá ao nomeamento do novo Presidente da Xunta Xeral de Confrarías e Irmandades de Semana Santa de Ferrol para un período de 5 anos.

 

Enlace ao post da Diócese: https://mondonedoferrol.org/convocatoria-de-elecciones-a-la-presidencia-de-la-junta-general-de-cofradias-de-la-semana-santa-de-ferrol/