Junta General de
Cofradías y Hermandades

SEMANA SANTA DE FERROL

Comeza a novena da Virxe das Angustias, patroa de Esteiro

A Virxe das Angustias é a patroa do barrio de Esteiro e cada ano sae en procesión o domingo anterior ao Corpus. A Confraría das Angustias ten recollido nos seus estatutos o compromiso de organizar estes actos, que comezan cunha novena na súa honra a partir deste venres, 6 de xuño. A festividade celebrarase o domingo 15.

O horario dos CULTOS da novena é o seguinte:

Nos días laborables: novena e misa ás 09.00h; rezo do rosario ás 11.30h; misa e novena ás 12.00h.
O domingo 8 de xuño: novena e misa ás 09.00h; rezo do rosario ás 12.30h e misa e novena ás 12.30h.

VENERACIÓN O venres, día 13, o Grupo Novo da Confraría das Angustias manterá o Santuario aberto ao culto, de 18:30 a 20:30, e o sábado 14 de 9:00-14:00 e de 17:00-20:30, para que as persoas que o desexen poidan acudir a venerar á nosa Señora das Angustias Coroada con motivo da súa festividade. Haberá candeas á venda para que quen o desexe poidan ofrecelas á virxe, así como outros produtos da confraría.

O día 15 de xuño, día da FESTIVIDADE, haberá misas ás 09.00 e ás 12.00h. Ao finalizar esta última sairá a procesión, coa Virxe das Angustias portada sobre andas por 18 confrades voluntarios. A imaxe vai precedida dun piquete de Infantería e seguida pola Banda do Terzo Norte. O percorrido vai pola avenida de Esteiro e a rúas Carlos III, Españoleto, Avenida de Esteiro e recollida no santuario.

A procesión da Virxe das Angustias, coroada canonicamente no ano 2022, é unha das de gloria máis antigas da cidade de Ferrol.