Junta General de
Cofradías y Hermandades

SEMANA SANTA DE FERROL

A Confraría da Mercé inaugura unha exposición sobre a súa historia

A Confraría da Mercé inaugura hoxe unha exposición coa que abre os actos dedicados á súa patroa, a Virxe da Mercé, cuxa festividade se celebra o 24 de setembro. Esta tarde, ás 18.00, a entidade inaugura no seu local da rúa María 194, unha mostra na que se reunirá parte do seu arquivo histórico, así como algunhas pezas do seu patrimonio que non están habitualmente á vista do público. O público poderá tamén visualizar momentos destacados da vida da irmandade a través do pase de diferentes vídeos.

A exposición estará aberta os luns, mércores e venres, de 18.00 a 20.00h, así como os domingos de 12.30 a 13.30h.