Unha vez rematado o prazo de presentación de candidaturas para a presidencia da Xunta Xeral de Confrarías e Irmandades da Semana Santa de Ferrol son dous os confrades que se postularon para o cargo. Trátase de Fernando Iguacel Selle, ata agora secretario da Xunta, e Francisco Balseiro Bouza, que foi presidente da Confraría do Cristo da Misericordia e Virxe dos Dolores, á que pertencen os dous candidatos.
Os estatutos da Xunta establecen que serán los irmáns maiorese presidentes das Confrarías que a integran os que se reunirán -baixo a moderación do delegado episcopal de confradías, con voz pero sen voto- para decidir cantos candidatos se presentan. O delegado, á súa vez, trasladará este acordo ao obispo, que nomeará presidente a un dos propostos, salvo que non considere idóneo a ningún deles, en cuxo caso devolverá a lista.