Un ano máis a Xunta de Confrarías de Ferrol ofreceu a través das súas redes sociais toda a información relativa ás procesións de 2025, tamén emisións en directo, e achega unha vez pasado o Domingo de Ramos os números que acreditan o alto nivel de seguimento que ten no ámbito en liña a nosa Paixón.
Detallamos a continuación os resultados das principais métricas en cada rede social durante o mes transcorrido entre o 11 de marzo e o 11 de abril -a Semana Santa estritamente foi do 29 de marzo ao 5 de abril-.
Por cuarto ano consecutivo a Xunta de Confrarías emitiu vídeos en directo das procesións. Ao longo de todo o ano publícanse tamén nesta plataforma “shorts”, vídeos curtos en vertical.
Ao finalizar a Semana Santa de 2026, a canle ten 3.385 subscritores, un número elevado dado que non é necesario subscribirse para visualizar os seus vídeos e que fala dun interesante grao de fidelización. É un 26% máis que ao finalizar a Paixón de 2025.
A pesar de que este ano se fixeron menos streamings, porque non se emitiron actos previos nin entrevistas, o número de visualizacións durante o mes analizado sume practicamente 150.000, fronte ás 104.500 do pasado ano -condicionado polo mal tempo e as suspensións-.
En total realizáronse na canle, entre o 11 de marzo e o 11 de abril, 43 publicacións entre directos das procesións e shorts. As emisións en directo sumaron 86.378 visualizacións e os shorts 61.825, ao que se engaden outras 1.935 de visualizacións de vídeos -gravacións subidas, como a do pregón, que tivo 421 visualizacións, e visitas a vídeos subidos con anterioridade durante o período analizado-.
O número de seguidores creceu desde o ano pasado case un 22%, ata situarse en 9.575.
Visualizacións: 434.640
Espectadores (alcance): 125.074
Interaciones: 9.775
O número de seguidores era 4.632 o pasado 11 de abril, o que representa un incremento do 9,4% desde que se terminou a Semana Santa de 2025.
Visualizacións: 527.700
Alcance: 30.700
Interaccións: 2.400
A conta da Xunta de Confrarías ten 2.364 seguidores e suma 48.700 gústame.
Esta conta utilízase exclusivamente para a publicación de vídeos verticais: durante o mes analizado publicáronse 20, que recibiron 3.810 gústame; foron visualizados 100.000 veces e compartidos 381 veces.
A canle de Whatsapp da Xunta de Confrarías ofreceu diariamente a axenda de procesións e outros actos, converténdose un ano máis nunha vía cómoda e útil de moitas persoas para informarse. O número de seguidores levou a 2.469 e, como outros anos, descende posteriormente lixeiramente ao abandonar as persoas que se suman puntualmente.
A pesar de iso, a canle conta con máis de 2.000 seguidores habituais.
A páxina web da Xunta de Confrarías –www.semanasantaferrol.com-, que se renovou a finais de 2022, tivo tamén un tráfico moi importante durante a celebración da Semana Santa. Durante o mes analizado rexistrou 27.000 usuarios e 182.000 “eventos” -calquera interacción específica dun usuario no sitio web, independente da carga dunha páxina-. A páxina máis consultada foi a das procesións, na que está o programa completo de saídas.
Durante o mes analizado publicáronse 18 post na sección de noticias da web e mantívose actualizada a axenda.
