Junta General de
Cofradías y Hermandades

SEMANA SANTA DE FERROL

A Confraría de Dolores celebra en Ferrol a única procesión do Luns Santo

A Confraría de Dolores celebra a única procesión en Ferrol do Luns Santo. A de mañá será tamén a primeira xornada na que esta irmandade abrirá as portas do corralón, a partir das 18.00h, para que os fieis poidan achegarse ás imaxes, que estarán xa preparadas sobre os seus tronos, para a saída desa noite. Serán, neste caso, as de Cristo Rey e a Virxe da Amargura.
A procesión de Cristo Rey e a Virxe da Amargura sairá ás 21.00h. En primeiro lugar irá o paso do crucificado, propiedade do colexio Cristo Rey. Vai acompañado do terzo de máis recente creación da Confraría de Dolores, integrado case na súa totalidade por nenos e adultos vinculados á comunidade educativa.
A Virxe da Amargura é unha talla de 2009, a primeira que realizou para a Confraría de Dolores o imaxineiro sevillano Fernando Murciano, que mantén desde entón unha forte vinculación coa irmandade.
A banda Acotaga irá abrindo a comitiva, mentres que a da nosa Señora da Misericordia de Viveiro irá na traseira de Cristo Rey e a Banda de Música das Pontes acompañará á Virxe.

OUTROS ACTOS

A capela da Mercé acollerá na tarde do Luns Santo, a partir das 18.00h, o Vía Crucis do Movemento Xuvenil Mercedario, no que se recrean as escenas da Vía Dolorosa. Estará acompañado das voces do coro infantil Mosaico.