A Diocese de Mondoñedo-Ferrol programou para o domingo día 22, na concatedral de San Xiao, a solemne celebración do Corpus Christi. Será ás 19.30 horas e estará presidida por Monseñor Fernando García Cadiñanos. A continuación, como é tradicional, sairá unha procesión na que cada ano colaboran as confrarías e irmandades da Semana Santa ferrolá.
Como novidade, este ano previuse que a custodia irá portada sobre trono, concretamente no que leva cada mes de setembro á Virxe da Mercé na procesión da súa festividade.
Necesítanse portadores, tanto para o trono da custodia como para levar o palio durante a procesión, e os confrades que estean interesados teñen ata o día 17 para inscribirse nas súas respectivas confrarías.
O percorrido da procesión será o seguinte: desde a concatedral, irá polas rúas Iglesia, Coruña, Magdalena, Rubalcava, Armas, Terra, Real, Sánchez Barcáiztegui, Iglesia e concatedral.
O acompañamento musical correrá a cargo da banda do Tercio Norte.
