Junta General de
Cofradías y Hermandades

SEMANA SANTA DE FERROL

Virxe do Carmen

Imaxe realizada polo imaxineiro sevillano Negrí Acevedo para a Xunta de Confrarías da Semana Santa de Ferrol, que con ela recuperou a antiga procesión de gloria que se celebraba na cidade, como en moitas localidades mariñeiras, na festividade do 16 de xullo.
Estreouse na procesión celebrada o 15 de xullo de 2022, que saíu da igrexa do Carmen e realizou un percorrido polo centro da cidade ata entrar no Arsenal Militar, onde se realizou unha ofrenda floral no mar. É unha talla de vestir, doazón dun devoto anónimo.