Junta General de
Cofradías y Hermandades

SEMANA SANTA DE FERROL

Viernes Santo: A Mercé recupera o paso de misterio do Redentor

A xornada do Venres Santo é a de maior número de procesións e a máis emocionante da Semana Santa de Ferrol. De novo este ano o Santo Encontro será na praza de Armas e volverá celebrarse a Cerimonia do Desencravo en San Xiao. As obras obrigan a cambiar o percorrido do Santo Enterro e da procesión dos Caladiños e a Confraría da Mercé recupera, no seu desfile do Crucificado, o antigo paso de misterio no que van, ademais de Xesús na Cruz, a Dolorosa e San Xoán.

Os actos comezarán pola mañá coa Procesión do Santo Encontro organizada pola Confraría de Dolores. É un dos eventos máis multitudinarios da Semana Santa de Ferrol e nel prodúcese a que é quizá a súa imaxe máis emblemática, a dos tronos do Nazareno, San Xoán, a Verónica e a Virxe das Dores levantadas e “bailando” nunha praza chea de público.

A primeira destas imaxes sae do corralón de Dolores ás 11.30 horas e diríxese a Armas pola rúa Madalena, para entrar na praza por Rubalcava. As outras tres saen ás 11.45 horas e diríxense á praza pola rúa Real, de maneira que entran en Armas por Terra. O Santo Encontro celebrarase ás 12.30 horas. Despois do acto, a procesión regresa a Amboage polas rúas Terra e Real.

A Confraría da Mercé organiza a primeira saída da tarde do Venres Santo, a Procesión do Crucificado, que se inicia ás 16.30 horas desde a capela do Tirso. Como novidade, este ano a irmandade recuperará o paso de misterio do Redentor tal como facía nos anos sesenta, coas imaxes da Dolorosa e San Xoán que acompañan á talla de José Rivas no altar do interior da capela. Na saída prodúcese unha imaxe xa emblemática desta xornada, cando os portadores levantan a Cruz do Redentor sobre o seu trono. A operación repetirase este ano no paso no que xa estarán as imaxes da Dolorosa e San Xoán.

Ás 18.00 horas sairá do corralón de Dolores a Procesión do Traslado. Este desfile ten por obxecto sumar as imaxes de San Xoán e a Virxe de Dolores á procesión do Santo Enterro. Normalmente diríxese a San Julián, pero por mor das obras este ano ambos os pasos esperarán na confluencia das rúas Magdalena e Coruña a chegada da Santa Urna, para unirse e procesionar tras ela.

A Irmandade do Santo Enterro volverá celebrar a Cerimonia do Desencravo no atrio de San Xiao, ás 18.00 horas. Nela tratarase con suma delicadeza a imaxe do Cristo articulado que se emprega nesta función e que data cando menos do século XVIII. O seu estado é fráxil e por iso a confraría ten xa previsto sometela a un proceso de restauración ao terminar esta semana Santa. Ás 19.00 horas sairá a Procesión do Santo Enterro desde San Xiao, cun destacable cambio no percorrido debido ás obras.

O desfile sairá por Irmandiños, onde necesariamente cortarase o tráfico, e bordeará a concatedral para dirixirse á rúa Magdalena pola rúa Coruña. Alí comezará o seu percorrido habitual, repetindo o “desvío” polas obras na recollida. A Santa Urna, obra de Urbano Anido e que data de 1891, é a protagonista desta procesión, unha das máis solemnes de cantas celébranse na Semana Santa de Ferrol. Cúmprense neste 2023, precisamente, 130 anos desde a súa estrea. Irá, como sempre, coa Unidade de Música do Terzo Norte na súa traseira.

A Irmandade do Santo Enterro desenvolverá ao longo do día diferentes actos. Ás 11.00 horas celebrará un Vía Crucis no interior de San Xiao e ás 12.00 horas será o Sermón das Sete Palabras. Pola tarde, celebraranse os oficios ás 16.30 horas, tras os que será o Desencravo e a procesión. Ao seu regreso, aproximadamente cara ás 20.00 horas, os irmáns do Santo Enterro realizan unha oración ante o Sepulcro.

Ás 21.00 horas saldrá de la capilla de la Orden Tercera la Procesión de la Soledad. Desde o ano 2018 a imaxe da Soidade, de autor anónimo e unha das máis antigas e emblemáticas da Semana Santa de Ferrol, sae aos ombreiros. Nesta procesión vai tamén o paso de Santa María Madalena, unha talla de 1956 obra de Guillermo Feal, que é hoxe en día a única imaxe desta irmandade que non vai portada aos ombreiros. Como en anos anteriores, a Soidade é sacada sobre unhas sinxelas andas da capela terciaria e nas súas inmediacións colócase sobre o trono con palio co que procesiona polo barrio da Madalena.

A Confraría de Dolores organiza a Procesión dos Caladiños, a última das cinco que se celebran o Venres Santo. Ás 23.15 a concatedral de San Julián acollerá un acto litúrxico previo e ás 23.30 horas comezará a andar o desfile, que tamén terá que saír por Irmandiños e incorporarse á rúa Madalena por Coruña. Esta procesión caracterízase, como o seu nome indica, polo silencio e a solemnidade, só roto polo arrastrar das cadeas dos penitentes e o son dos tambores. É especialmente numerosa a participación do Terzo de Penitentes, que sae en todos os desfiles da Confraría de Dolores e está formado por fieis vestidos con túnica negra, cruz sen capirote, moitas veces descalzos e con cadeas, que van portando pesadas cruces para cumprir algunha promesa ou expiar algún pecado.

A Cruz Sudario, San Juan Evanxelista e a Virxe de Dores son os tres pasos dos Caladiños, que termina cun acto na praza de Amboage. Alí celébrase outro tradicional acto da Semana Santa ferrolá, cando se canta sálvea “ Regina” á Virxe. Un ano máis, será o Coro Diapasón o encargado de entoalo.

 

A continuación detallamos horario e ligazóns dos streamings previstos o Venres Santo:

 

12.00h: Santo Encontro https://www.youtube.com/live/d20x3BMa6fg?feature=share

16.30h: Saída Procesión do Crucificado: https://www.youtube.com/live/whoxehiopse?feature=share

17.30h: Entrevista Santo Enterro: https://www.youtube.com/live/m5AjBOjLg4k?feature=share

18.00h: Cerimonia do Desencravo: https://www.youtube.com/live/59EA_vaZmrk?feature=share

19.00h Procesión do Santo Enterro, saída e paso pola Magdalena: https://www.youtube.com/watch?v=Sy72tzs-NcY

Procesión da Soidade:

21.00h Saída: https://www.youtube.com/live/rakifbuoe68?feature=share

21.45h Paso pola rúa Magdalena: https://www.youtube.com/live/ngw6fISI_Cg?feature=share

Os Caladiños:

23.30h Saída e paso por rúa Magdalena: https://www.youtube.com/live/if3MGBOz-q0?feature=share

01.00h Retirada e canto da Salve Regina: https://www.youtube.com/watch?v=usz41ou0rnQE