A pandemia tamén afectou ás agrupacións musicais da cidade. A desmotivación e o peche provocaron que algúns dos membros das bandas decidan desligarse: “Perdemos moita xente, sobre todo novas, que coa pandemia estiveron máis desilusionados”, sinala Anxo Montero, vicepresidente e portavoz da Banda da Real Venerable e moi Ilustre Confraría do Santísimo Cristo da Misericordia e María Santísima da Virxe das Dores, que actualmente ten ao redor de 40 compoñentes
“Soñei con que 2022 vai ser o noso ano, coas rúas repletas de xente, soando mellor que nunca, bo tempo… Rezo para que poida ser así”, relata Montero, quen se mostra optimista. Con todo, este veterano incide na necesidade de prudencia e en que se debe facer todo o posible para celebrala, porque “outro ano máis sen Semana Santa, non pode ser”, xa que é un evento que “segue tendo moitísima importancia” na cidade.
-A banda ten máis de 30 anos de historia, como resumiría a súa traxectoria?
En maio de 1983 créase Banda Ferrol, dentro da Confraría de Dores. Pero en 1992 independizámonos e creamos unha Asociación Xuvenil. Posteriormente aprobamos os estatutos, e en 2004 xa nos denominamos como Asociación Músico Cultural Banda Ferrol. Decidiuse entón formar esta agrupación para reflectir a identificación e a integración dun grupo humano que mantivera a ilusión ao longo dos anos.
En 2015 chegamos a un acordo coa Confraría para volver pertencer a Dores, que se mantén ata a actualidade.
O orgullo que sempre caracterizou á miña banda é saír con “as nenas”, detrás do trono da Esperanza e o Nazareno. Temos un irmandamento coas portadoras destas imaxes, e é o reflexo do agarimo e respecto mutuo.
-Houbo algúns cambios significativos na configuración da formación, a que se deben?
Chegou un momento no que a banda quería aspirar a outras cousas e abrir horizontes, xa que a música de Semana Santa estaba a ampliarse. Por exemplo, queriamos empezar a facer actuacións por diferentes localidades e outro tipo de actividades.
Anteriormente tivemos moitos integrantes que pertencían a distintas bandas de gaitas en Ferrol, que ofrecían moita calidade musical, pero chegou o momento da modernización. No sur de España vimos que na maioría de bandas cobraban máis importancia as marchas rocieras. Nós aspirabamos a iso, a poder tocar esas pezas de gran relevancia no panorama nacional.
Entón votamos, e decidiuse que queriamos ser unha banda de cornetas e tambores, polo que debiamos suprimir as gaitas. Aínda que esta decisión foi moi ao noso pesar, pero hai que evolucionar.
A día de hoxe somos banda de cornetas e tambores, mentres que actualmente en Ferrol, a maioría son agrupacións musicais, e isto fainos distintos.
-Teñen un gran repertorio apostan polas composicións propias?
Os nosos compoñentes son virtuosos da música. Estamos a tentar sacar pezas novas, pero a maioría do repertorio é doutras bandas. Por exemplo, tivemos na banda a Roberto Bellón, que fixo unha marcha moi bonita, “Azares de Esperanza”, pero por desgraza, a xente vai cambiando de agrupación, queren probar cousas novas… e logo tivemos que suprimila.
-Como viviron a cancelación da Semana Santa?
Con moita pena. Eu son moi cristián e moi crente, e fun testemuña da Semana Santa desde pequeniño. Vivino con moita pena, e iso que grazas a deus, somos unha banda que puidemos saír practicamente todos os días coa Confraría de Dores.
A pandemia pillounos a todos por sorpresa, e ademais da enfermidade, o estar na casa encerrados, a crise económica que se produciu tamén…. Foi moi triste non poder acompañar ás nosas imaxes polas rúas de Ferrol. Vin en casa vídeos de anos anteriores, e lembreino con moita pena, chorando, mesmo.
-Ya puideron recuperar os ensaios ou as actuacións?
Estamos a tentar saír adiante. Volvemos hai pouco aos ensaios con todas as normas que nos esixen, para poder volver á normalidade. Durante a corentena practicamos en casa por Internet e mesmo tocamos algunha marcha nas redes sociais ou desde a web.
Nós ensaiamos na Malata, polo que dispoñemos de moito espazo ao aire libre, e cando se nos deu permiso para volver tocar decidimos repartir os ensaios entre luns e mércores para facelos por voces, respectando aforo e distancia de seguridade. Logo realizamos un ensaio xeral ao aire libre.
A situación actualmente non está moi ben, e nós tradicionalmente en agosto facemos un parón para descansar. Pero creo que cara a finais de setembro é posible que se faga algún tipo de evento, se a situación permíteo.
-Que prognóstico teñen para a próxima Semana Santa?
Eu intento ser positivo, e creo que en 2022 teremos Semana Santa, non me cabe na cabeza o estar outro ano máis sen que se celebre. Pero agora tal e como están as cousas…
Creo que vai ser das máis bonitas, porque con toda esta espera, vai vivir con máis ganas. Estamos a ensaiar moito para iso. Sempre lles digo aos meus compañeiros que nos temos que preparar, que estes dous anos servíronnos para aprender e mellorar. Imos vivir con moitísima máis alegría.
-Cando empezou a súa vinculación coa Semana Santa e coa banda?
Levo practicamente toda a miña vida ligado a ambas. A miña nai é moi relixiosa, e eu desde pequeno sempre tiven curiosidade polas procesións, e empecei como capuchón en Oración no Horto. Pero aínda que me gustaba, eu vía as bandas e chamábanme moito a atención. E por mor de aí, quixen tocar nunha, e en concreto, atraíame Banda Ferrol, que foi onde me apuntei. Ao principio empecei con tambor, e estaba cómodo coa percusión, pero logo coa inclusión de máis instrumentos, pasei a trompeta, que é o que toco actualmente.
-Cal é o momento máis especial da Semana Santa?
Todos os días queremos facelo ben e aproveitar a lume de biqueira. O Domingo de Ramos é especial porque é o inicio da Semana Santa, pero para min, o Martes e Xoves Santo son os días máis importantes, xa que é cando lle cantamos á nosa virxe.
Todos os nervios da Semana Santa condénsanse xunto a toda a paixón que lle temos á nosa procesión e á nosa noite, a do Martes Santo, cando lle cantamos á virxe, “Unha nai non se cansa de esperar”. É ese momento de chegar ao final da procesión, ese orgullo de entrar a Amboage en silencio total e empezar a cantar, cando bailan o trono…